Merece a pena ver esta película para reflexionar sobre o potencial das persoas con discapacidade e o seu esforzo de superación. Recomendámola a todo o mundo!
«>
Author Archives: Gabriela
Día do Libro
Celebramos o día do libro recomendando este blog fantástico da escritora e editora Iria Marañón, que recomenda lecturas infantís espertando a nosa conciencia de xénero.
http://comecuentosmakers.com/secciones/cuentos/
Funcións executivas
Cada vez máis vivimos nunha sociedade automática, na que a tecnoloxía está ao noso servizo evitándonos esforzos de memoria e concentración. Supón isto unha perda de habilidades cognitivas? O debate está aberto; entre tanto propoñemos actividades lúdicas que favorecen o desenvolvemento das funcións executivas naninfancia, tan importantes para a execución de tarefas que requiren certo grao de concentración, memoria de traballo e planificación estratéxica:
• Seguir series numéricas mentres se camiña. É dicir, dicir un número por cada paso, en orde ascendente ou descendente.
• Facer o mesmo exercicio, restando de dous en dous, ou sumando.
• Combinar pasos con números e palmadas.
• Realizar o mesmo exercicio alternando números e letras do abecedario.
• Usando rotuladores ou pinturas pedirlle ao neno ou nena que nos faga series cromáticas. Por exemplo, “fai unha fila de rotuladores coa serie, azul, amarelo, vermello, verde.”
• Facer series de formas xeométricas.
Conferencia Luis Rojas Marcos: «Vidas con TDAH»
Premendo neste link podedes ver a conferencia que deu o dr. Luis Rojas Marcos sobre o TDAH grazas á fundación CADAH.
http://www.fundacioncadah.org/web/video-charla/index.html?idfolder=20160414ReVFgemT9h
Superar o medo
O noso alumnado de bacharelato enfróntase ao final do curso e o salto á Universidade… Deixamos esta curta para reflexionar como cada persoa nos enfrontamos aos nosos medos.
«>
Prevención e abordaxe de adiccións dixitais
Mércores 25 abril e 2 maio,18:00h
No Centro Ciívico Rosales de A Coruña
OBRADOIRO DE PREVENCIÓN E ABORDAXE DE ADICCIÓNS DIXITAIS
Uso-abuso-dependencia de TIC, privacidade, identidade dixital e reputación on line, ciberacoso escolar, sexting, grooming, xestión da información e acceso a contenidos apropiados.
Dirixido a menores de 11 a 13 anos
Inscríbete na conserxaría do centro cívico a partir do 9 de abril.
ACTIVIDADE DE BALDE
Makey makey
UN grupo de Primaria realiza inventos coa placa de makey makey, boa sorte!!
Detección e prevención do ciberacoso
Achéganse as vacacións de Semana Santa e, para moitas familias, isto supón unha ocasión para convivir máis estreitamente coas nosas fillas e fillos adolescentes. Podemos facernos algunhas preguntas froito desa convivencia:
– Qué actividades realiza máis frecuentemente fóra da casa? e dentro?
– Como é a realidade na que vive a miña filla ou fillo adolescente?
– Cales son os aspectos positivos do uso das novas tecnoloxías? e os negativos?
– Que podo facer eu como nai ou pai?
A modo de axuda deixamos á vosa disposición esta guía de actuación contra o ciberacoso elaborada polo Ministerio de Industria, tecnoloxía e Turismo.
http://xuventude.xunta.es/uploads/Gua_de_actuacin_contra_el_ciberacoso.pdf
Tranquilos y atentos…
Proxecto Makey Makey
Próximamente embarcarémonos nun novo proxecto en primaria usando o kit makey makey. Aquí podedes ver algúns dos usos tan divertidos que ten: