Imagen
0

Motricidade fina

Chegan as vacacións de verán e, ademais de ir á praia podemos dar continuidade ao traballo que os nosos nenos e nenas realizan durante o ano no colexio. Propoñemos algunhas actividades lúdicas que poden axudar ao alumnado de Infantil a desenvolver a motricidade fina:

  • Coser con la, cordón ou cinta sobre tea, madeira ou plástico furado.
  • Facer trenzas ou pulseiras e colares con abalorios.
  • Estampar sobre papel con cuños ou mesmo crear os nosos cuños con patata, por exemplo.
  • Xogar ás cartas (suxeitalas, repartilas…)
  • Modelar con barro, plastilina ou preparar masas de galletas ou empanadas.
  • Encher botellas con sementes, pasta, pedras… e facer maracas.
  • Armar rompecabezas.
  • Aprender a atar os zapatos, abrochar e desabrochar chaquetas con botóns pequenos.
  • Pintar alternanado lápices e pinceis.
  • Recortar figuras de papel.
  • Tender a roupa con pinzas.
  • Enroscar e desenroscar torcas e tornillos.
  • Tamborilear cos dedos, xogar co teclado do odenador, tocar o piano…
  • Facer pelotas de papel usado…

Disfrutade sorprendéndovos das fantásticas habilidades dos nosos nenos e nenas!sello patatasello