Nunha época na que se impón o uso de dispositivos móviles como principal fonte de lecer nós defendemos os xoguetes, polo seu valor manipulativo, xa que estimulan a motricidade, manteñen aos nosos fillos e fillas no mundo real, non estimulan condutas adictivas, promoven o movemento físico e a relación cos demais… Cantos beneficios máis che veñen á mente? Cantos xogos recordas da túa infancia? Chapas, tabas, barriguitas, puzzles, canicas, balóns, playmobils, gogos, chinos, gomas de saltar, barallas de cartas, cromos, xogos de palmas, supercinexin, brilé, bicicletas, xogos reunidos geyper, maxia borrás, teleskech…
Anímate a recordarnos máis!