Imagen
0

Funcións executivas

Cada vez máis vivimos nunha sociedade automática, na que a tecnoloxía está ao noso servizo evitándonos esforzos de memoria e concentración. Supón isto unha perda de habilidades cognitivas? O debate está aberto; entre tanto propoñemos actividades lúdicas que favorecen o desenvolvemento das funcións executivas naninfancia, tan importantes para a execución de tarefas que requiren certo grao de concentración, memoria de traballo e planificación estratéxica:
• Seguir series numéricas mentres se camiña. É dicir, dicir un número por cada paso, en orde ascendente ou descendente.
• Facer o mesmo exercicio, restando de dous en dous, ou sumando.
• Combinar pasos con números e palmadas.
• Realizar o mesmo exercicio alternando números e letras do abecedario.
• Usando rotuladores ou pinturas pedirlle ao neno ou nena que nos faga series cromáticas. Por exemplo, “fai unha fila de rotuladores coa serie, azul, amarelo, vermello, verde.”
• Facer series de formas xeométricas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *