Archivos de la categoría Ciencias Sociais

O TEMPO E O CLIMA

climas-de-espac3b1a1Comeza a unidade do tempo e o clima.  Volvemos a recordar o concepto do ciclo da auga e a súa relación cos fenómenos atmosféricos.
A atmosfera é a capa de aire que rodea a Terra. Grazas ás fotografías dos satélites podemos comprobar que se trata dunha capa moi delgada e aparentemente fráxil que nos protexe das agresivas radiacións solares, dos meteoritos, e fai posible a vida. Os nosos alumnos e alumnas deben coñecer os fenómenos que se producen nela, pero tamén teñen que valorar a súa importancia e adoptar condutas concretas para coidala.
As diferenzas entre o tempo e o clima fan posible a clasificación dos distintos climas para coñecer a forma en que inflúen nas actividades humanas e a importancia das predicións. Convén que os nosos alumnos coñezan o traballo dos meteorólogos e os instrumentos cos que traballan para aprecialo e valoralo.
Aquí hai uns enlaces para repasar o dado nas clases.

El tiempo atmosférico
Volando con Kalani
El clima
Las estaciones
El clima y los paisajes
Los climas de España
El medio natural español
MeteoGalicia
AEMET: Agencia Estatal de Meteorología

 

O PLANETA EN QUE VIVIMOS

A TerraEsta unidade introduce os alumnos nos conceptos básicos do estudo do sistema solar e da dinámica terrestre.
En primeiro lugar, preséntase o sistema solar: detállase que son os planetas e como son as estrelas e os satélites, e explícase cales son os planetas que compoñen este sistema.
Sistema-Solar-Con-titulosA continuación, preséntase o movemento de rotación e a súa relación coa sucesión dos días e das noites. De igual maneira, explícase o movemento de translación e algúns dos seus efectos sobre a vida na Terra.
O satélite da Terra é a Lúa. Dáse a coñecer a súa existencia e a súa dinámica e explícase como inflúe esta na superficie terrestre.

 

NASA: The Space Place (en español)
El Sistema Solar
ESA: Axencia Espacial Europea para nenos

Poñemos en practica o que aprendemos traballando cooperativamente:

20150922_134435 20150922_134425

O TEMPO PASA

etapas de la historia
Con esta unidade iníciase o proceso de introdución dos alumnos na Historia. Preséntanse algúns aspectos básicos sobre o tempo histórico e sobre a sucesión temporal dos acontecementos (pasado, presente e futuro). Repasaremos as principais unidades de medida do tempo, con especial atención ao século, por ser este o referente máis habitual no estudo da Historia. Preséntase a Historia como disciplina, e explícase cal é a súa utilidade, así como as principais eras históricas nas que os historiadores dividen a historia da humanidade.Por último, falaremos das fontes históricas.

Viajando a través de la Historia
El gran juego de la Máquina del Tiempo
Detectives del pasado

6228855