Archivos de la categoría Ciencias da Natureza

AS PLANTAS, UNS SERES VIVOS ESENCIAIS

descripcion-plantas-nativas-o-autoctonas-L-bKSW5XCon esta unidade abordamos o estudo das plantas tras unha aproximación previa a todos os grupos de seres vivos, a través da clasificación tradicional en reinos.
O estudo do reino das plantas levarase a cabo mediante a análise da forma en que realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e
reprodución.

 
Esta semana empezamos polas partes das plantas e centrámonos nas follas. Durante o desenrolo desta unidade imos levar a cabo un proxecto “O noso herbario”. Xa trouxemos o material necesario e agora temos que esperar a que sequen as follas para proseguir co noso proxecto. Xa vos contaremos. Aquí tedes unhas fotos da primeira parte.

20151005_10334320151005_10333020151005_10332220151005_10324320151005_10322720151005_103204

 

 

 

 

 

 

 

A continuación, podemos ampliar o dado na clase vendo os seguintes vídeos e visitando os enlaces. Esperamos vos sexan de axuda.

                          

Real Jardín Botánico de Madrid
As plantas
Animales y plantas

AS MÁQUINAS

As máquinasO desenvolvemento das máquinas ao longo da historia resultou fundamental para o avance da humanidade e na actualidade case ningunha actividade se podería facer sen elas. Por este motivo, coñecer os tipos de máquinas máis básicos é de grande importancia para comprender o modelo de sociedade na que vivimos.
Ao longo desta unidade estudaranse as máquinas simples máis importantes e verase como estas, ao unirse, dan lugar a máquinas complexas.
A continuación verase como foron evolucionando e tratarase algúns problemas derivados do uso das máquinas.
Para reforzar o traballado na aula, tedes aquí uns enlaces moi interesantes para reforzar e ampliar coñecementos sobre As máquinas.
As máquinas
Máquinas e mecanismos
Máquinas e aparatos
As máquinas
As clases de máquinas
Ciencia e grandes inventos